CRTVG

Buscar

Un millón de persoas protestan nas rúas de Santiago de Chile

Publicado o 26/10/2019 11:06

Máis dun millón de persoas manifestáronse este venres en Santiago de Chile, na mobilización máis numerosa dende a caída, en 1990, do ditador Augusto Pinochet.

A convocatoria, cando se cumpre unha semana de protestas contra a desigualdade social no país, tivo lugar ás dez da noite, hora galega, na céntrica praza Italia, na que xa non cabían moitos dos manifestantes, que se tiveron que concentrar nas rúas próximas.

A protesta serviu para constatar o descontento social e reclamar a dimisión do presidente Sebastián Piñera pola represión e as presuntas violacións dos dereitos humanos cometidas polas forzas da orde contra os manifestantes en días anteriores. 

Noticias web

26/10/2019