CRTVG

Buscar

Un millón de persoas non recibirán as prestacións por desemprego en abril por atrasos na tramitación

Publicado o 30/04/2020 14:30

En España hai máis de cinco millóns de persoas afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego ou por despedimentos, dos cales preto de catro millóns cobrarán as prestacións por desemprego; iso significa que aínda hai un millón de persoas que non poderán acceder a estas axudas.

Dende o servizo estatal de emprego, recoñecen que están desbordados.

Os empresarios piden axilizar a tramitación dos ERTE pero tamén amplialos. Víctor Nogueira, presidente da Empresa Familiar asegura que coas limitacións de afroro de ata o 30% é inviable asumir todos os traballadores.

Pola súa banda, os traballadores por conta propia volven a reclamar a supresión da cuota de autónomos, Lorenzo Amor, presidente da Asociación de Traballadores Autónomos cualifica de sablazo que o estado volvese a pasarlles a cota de autónomos este mes.

A isto hai que engadir que moitos dos novos beneficiarios dubidan de que vaian cobrar puntualmente. Por se acaso, o Ministerio de Traballo habilitou liñas de crédito con entidades bancarias para que adianten estes pagamentos.

Noticias web

30/04/2020