Un menor de Vigo evita que o pai seguise mallando na nai
Publicado o 19/05/2020 14:12
A rápida actuación dun menor en Vigo evitou que o pai seguise dándolle unha malleira á nai e destapou un caso de malos tratos continuados.
O home chegara ebrio de madrugada e durante unha forte discusión coa muller, zarandeouna, deulle patadas e agarrouna polo pescozo. Cando o fillo de ambos, de 17 anos, escoitou os berros, acudiu defendela e interpúxose entre eles. Deste xeito, a nai puido escapar e evitar que a seguise agredindo.
O mozo alertou a policía e explicou que os malos tratos eran habituais, aínda que a nai nunca quixo presentar denuncia.
Máis sobre Vigo
05/03/2021 21:18