CRTVG

Buscar

Un menor de 14 anos morreu atropelado por un tren en Tarragona

Publicado o 15/01/2019 20:35

Camiñaba polas vías canda outro amigo seu cando sucederon os feitos. Acababan de baixar do tren sobre as 9 da noite e ían camiño da súa casa cando o convoi o levou por diante. O treito onde se produciu o atropelo é moi utilizado polos veciños da zona para ir desde a estación ata as súas casas nunha urbanización próxima.

Os veciños non se explican o que puido pasar porque o camiño próximo ás vías é amplo e hai sitio abondo para camiñar sen aproximarse ao tren.

Noticias web

15/01/2019