CRTVG

Buscar

Un mariñeiro dun barco procedente de Burela dá positivo en Cantabria

Publicado o 10/07/2020 22:50
Un mariñeiro dun barco procedente de Burela dá positivo en Cantabria

Cantabria detectou este venres un novo positivo con Covid-19 nun mariñeiro dun barco galego que embarcou en Burela, municipio lucense que é o foco do brote da Mariña, e está atracado nun porto da comunidade para a pesca do atún.   

Dado que era contacto estreito dun caso confirmado na súa localidade de orixe realizóuselle a proba PCR na súa estancia en Cantabria antes de volver embarcar, explicou nun comunicado a Consellería de Sanidade.   

A Dirección Xeral de Saúde Pública, que activou todos os protocolos de control e seguimento, procedeu ao illamento do mariñeiro e dos outros dous tripulantes do barco.   

Outros dous barcos galegos no porto de Santoña en vixilancia

As dúas embarcacións levan a bordo 7 tripulantes que estan en seguimento e os que as autoridades lles comunicaron que non poden abandonar os barcos. Si lograron permiso para desembarcar o bonito que capturaron. Agora están á espera de que lles realicen as probas este mediodía para detectar se se están contaxiados por coronavirus.