CRTVG

Buscar

Un lugués gaña 400.000 euros no sorteo da Once

Publicado o 01/01/2020 19:11

Un lugués comezou este 2020 con 400.000 euros máis no peto. E o premio que lle tocou no sorteo extra de Nadal da Once. Foi o único agraciado en Galicia. O vendedor cre que se pode tratar dun dos seus clientes habituais abonado a terminación 11. O boleto vendeuno esta mesma semana entre os traballadores do polígono da Campiña, un dos lugares que forman parte da súa ruta diaria de vendas.

 "O número foi o 7911, teño algún abonado que xoga sempre ao 11, pero ningúen se puxo en contacto conmigo e non sei quen é o agraciado ou agraciada, pero espero que sexa un cliente habitual. Os últimos boletos vendinos estes dias creo que foi máis ben nos polígonos de Lugo pero tampouco o podo asegurar", explicou José María Rosende, vendedor que repartiu o premio.

Noticias web

01/01/2020