CRTVG

Buscar

Un Lugo en construción estréase en Fuenlabrada

Publicado o 11/09/2020 20:04

Rematan as probas, o Lugo ultima os detalles da súa estrea. No que vai de semana presentou 4 novas incorporacións e aínda faltan polos menos 3 máis por chegar. Ese equipo, aínda en construción visita o domingo un rival complicado, o Fuenlabrada, a quen Juanfran, o adestrador albivermello define así:  "Un equipo que pelexa todas, un equipo que non dá un balón por perdido, un equipo que ten as ideas claras e que, ao final, como todos os equipos na súa casa vai tentar facerse forte"

Pero o Lugo de Juanfran é un equipo convencido. O factor campo non existe, segundo o técnico. "Dá igual que xogues fóra da casa que na casa, que o Lugo pode ir a calquera campo polos tres puntos"

Juanfran dispón de todo o equipo agás o lesionado Juampe. Por diante un longo camiño cara a único obxectivo da temporada, a permanencia. "Isto é unha carreira de 42 quilómetros, pensar no quilómetro 42 non serve para nada, imos tentar gañar o quilómetro 1 e así sucesivamente", reflexiona o adestrador

Noticias web

11/09/2020