CRTVG

Buscar

Un lobo pasea ás súas anchas en pleno centro de Fornelos de Montes

Publicado o 31/03/2020 14:26

A ausencia de tráfico e de todo tipo de contaminación acústica estes días de confinamento está a provocar un estraño fenómeno: a incursión de animais salvaxes nas zonas urbanas. É o que sucedeu e gravou un veciño en Fornelos de Montes.

Sucedeu hai uns dias. Sorprendeu un lobo paseando polas rúas do centro da vila ao redor das 10 da noite.

O home berroulle para que marchase e o lobo fuxiu correndo, mentres os cans da veciñanza ladraban ante a presenza do animal.

 

Noticias web

31/03/2020