CRTVG

Buscar

Un lixeiro tremor de terra con epicentro en Boborás apenas se deixa sentir

Publicado o 26/12/2019 12:49

Tremeu a terra a primeira hora da mañá no concello ourensán de Boborás. Foi, iso si, un tremor moi lixeiro e apenas perceptible polos veciños da zona.

Tivo o seu epicentro na localidade de Brués, marcou dous graos na escala de Richter e produciuse a 22 quilómetros de profundidade.

A semana pasada houbo outro terremoto non moi lonxe de alí, na localidade de San Amaro. Desta volta, dunha intensidade de 3,1 graos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/12/2019