CRTVG

Buscar

Un informe do Consello da Cultura Galega recolle as consecuencias da Covid-19 no sector musical

Publicado o 03/06/2020 16:47

O sector da música en Galicia reclama un gran pacto para facerlles fronte ás consencuencias económicas derivadas da COVID-19. É unha das principais demandas recollidas no informe sobre a situación do sector que acaba de facer público o Consello da Cultura Galega.

En Galicia, as bandas de música populares estiman, nunha avaliación preliminar, unha baixada de ingresos dun 42% como consencuencia da crise da COVID-19.

O informe do Consello da Cultura recolle tamén as demandas das principais entidades do sector musical en Galicia, entre elas que se reprogramen as actuacións adiadas, o pagamento anticipado dunha parte deses concertos e a execución íntegra dos orzamentos asignados para o sector polas diferentes administracións en 2020. 

O sector da música reclama tamén que o Xacobeo 2021 se converta nunha "oportunidade para canalizar axudas para empresas e artistas galegos" e para "protexer o patrimonio cultural propio".

O sector musical suma máis de 3.000 postos de traballo e factura 274 millóns, o que representa o 13 por cento de toda a produción cultural en Galicia.

 

 

 

Noticias web

03/06/2020