Un incendio obriga a desaloxar un edificio en Mondariz-Balneario
Publicado o 07/01/2020 11:33
Sucedeu de madrugada e case todos os veciños de seis bloques de vivendas de Mondariz durmían. Afortunadamente algúns deles notaron que algo pasaba.
Os bombeiros atoparon no garaxe un coche practicamente calcinado e outros dous moi danados. A rotura de varias tuberías, derretidas por mor do lume, axudoulles nas tarefas de extinción. O máis complicado foi controlar que o fume non se estendera ás vivendas. Por precaución, a maior parte dos veciños foron desaloxados.
Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais, pero os veciños deste inmoble levaron un bo susto.
O incendio tamén afectou a instalación eléctrica e a da auga do inmoble. Agora toca avaliar danos e xa está aberta unha investigación para determinar as causas do incendio.