CRTVG

Buscar

Un incendio nunha vivenda en Vigo deixa tres mulleres intoxicadas por inhalación de fume

Publicado o 02/01/2020 13:19

A alerta saltou de madrugada, cando todos durmían nunha torre de vivendas do barrio vigués de Coia. Axentes da Policía Local mandaron saír das súas casas os veciños dos andares superiores por mor dun incendio nun dos pisos.

Unhas candeas acesas no prato de ducha que prenderon nunha mampara de plástico, son, segundo fontes da investigación, a causa máis probable do incendio, que só afectou o cuarto de baño. Durante uns minutos, os residentes permaneceron no vestíbulo ata que, de novo, pasaron os axentes para avisar de que os bombeiros tiñan controlada a situación, polo que xa podían regresar ás súas casas.

As tres mulleres que estaban no interior da vivenda foron ingresadas no hospital Álvaro Cunqueiro por inhalación de fume. Na Noitevella outros dous membros dunha mesma familia da parroquia viguesa de Bembrive tamén foron hospitalizados con síntomas de intoxicación provocada, posiblemente, pola mala combustión dun braseiro.

Noticias web

02/01/2020