CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio forestal de Oímbra tras queimar unhas 30 hectáreas

Publicado o 19/10/2020 21:22

O incendio forestal que se iniciou este luns no concello ourensán de Oímbra quedou extinguido sobre as 20:30 horas, tras calcinar algo máis de 30 hectáreas, segundo a información da Consellería do Medio Rural.

Segundo os últimos datos, o lume calcinou 30,7 hectáreas, 30 delas de arboredo.

Ás tres e media da tarde quedaba estabilizado, tras arrasar unhas 20 hectáreas e pouco antes das 20.00 horas Medio Rural informaba de que fora controlado.

A brigada contra incendios forestais de Laza advertira de que había "moitísimo vento" na zona, o que favorecía a propagación do lume, que aparentemente entrou desde Portugal.

As lapas declaráronse sobre as 11.30 horas na parroquia de Videferre e para o control das mesmas, segundo Medio Rural, foron mobilizados dous axentes, 11 brigadas, sete motobombas, seis helicópteros e dous avións.

Noticias web

19/10/2020