CRTVG

Buscar

Un incendio dana un dos silos dunha empresa do polígono de San Cibrao das Viñas

Publicado o 30/05/2019 16:23

Un incendio obrigou a evacuar as instalacións de Finsa-Orember no polígono industrial de San Cibrao das Viñas. O lume comezou tras unha explosión nun silo de fibra. Seguindo o protocolo establecido para estes casos, os traballadores saíron o exterior ao escoitar a alarma. Non houbo feridos e a rápida intervención dos servizos de urxencia evitou que as lapas se propagasen a outras zonas da fábrica, que paralizou puntualmente a produción. Con todo, un retén permaneceu alerta durante toda a tarde para evitar que se puideran reavivar os rescaldos.

A Garda Civil inspeccionou as instalacións para determinar as causas do incendio.



 

Noticias web

30/05/2019