Un incendio calcina unha ducia de coches clásicos nun garaxe de Salceda
Publicado o 03/07/2019 11:33
Un incendio calcinou na tarde-noite deste martes unha ducia de coches clásicos estacionados nunha nave dedicada á resturación destes vehículos en Pomar de Suso, en Salceda de Caselas.
O lume afectou ademais á estrutura e ao tellado do inmoble, sen que se produciran danos persoais.
Debido á magnitude do incendio e á alta temperatura alcanzada foi preciso aumentar a intervención dos efectivos de extinción.
Foron mobilizados o bombeiros do Baixo Miño, do Morrazo e de Ponteareas, ademais de Protección Civil, Policía Local e Urxencias Médicas.
O operativo extendeuse durante catro hora e media.