CRTVG

Buscar

Un incendio calcina un piso nun inmoble de Vigo e obriga a cortar o tráfico

Publicado o 06/07/2019 13:09
Un incendio calcina un piso nun inmoble de Vigo e obriga a cortar o tráfico

Pasadas as dez e media da mañá deste sábado, os bombeiros de Vigo recibiron o aviso do forte fume que saía da última pranta dun edificio da urbanización de Navia, un décimosegundo piso. Por fortuna non houbo que lamentar vítimas nin danos persoais, pero as labores de extinción provocaron que houbese que cortar o tráfico para facilitar o acceso desde o exterior cunha gran escaleira mentres eran evacuados por precaución os veciños dos outros pisos.