CRTVG

Buscar

Un iate acelera e acaba enriba dun embarcadoiro en Sanxenxo

Publicado o 24/08/2020 21:23

E nesta curiosa posición acabou un iate no porto deportivo de Sanxenxo. Un tropezo do patrón fixo que pisase o acelerador de xeito fortuíto e coa inercia subiu polo embarcadoiro, ante o abraio dos presentes.

Por fortuna, non houbo danos persoais e os materiais foron escasos, tanto na embarcación coma nas instalacións portuarias. O iate foi retirado polos operarios do porto.

Noticias web

24/08/2020