CRTVG

Buscar

Un hostaleiro de Samos pon toxos na barra do bar para impedir que se use

Publicado o 15/11/2020 14:18

Son as vantaxes que ve Mariano, un hostaleiro do concello lugués de Samos que decidiu pór toxos na barra do seu bar para manifestar que non se pode facer uso dela.

Un método disuasorio moi orixinal, que ademais é abondoso e fácil de obter. O propio hostaleiro asegura que a iniciativa suscitou a curiosidade e pensa continuar sacándolle rendemento. No Nadal, e de seguir coas mesmas restricións, vai colocar o belén sobre a barra.

Con humor, as penalidades lévanse mellor.

Noticias web

15/11/2020