CRTVG

Buscar

Un hostaleiro de Ames instalou na terraza un curioso sistema para que non se mollen os clientes

Publicado o 25/01/2021 16:47

O sector da hostalería é un dos máis pendentes hoxe porque dende o inicio da pandemia vén sendo un dos máis afectados polos cambios nas restricións. Moitos hostaleiros aguzaron o enxeño para intentar axustarse á legalidade e dar servizo á clientela. No concello de Ames, na Coruña, un hostaleiro colocou un curioso sistema instalado nun bar da zona. Iso si, non durou moito. 

Paco é un deses hostaleiros que como tantos outros intenta que o seu bar sobreviva, di que leva un ano habilitando espazos para respectar as restricións impostas por mor da Covid. Pero o tempo complica máis a situación, na terraza a clientela móllase, así que el ideou un curioso sistema para evitar a choiva, enganchar paraugas deste xeito. 

E si, a clientela agradecía este parapeto improvisado. Pero este sistema de quita e pon non durou moito, onte a Policía Local ordenoulle retirar os paraugas. 

O Concello de Ames, pola súa parte, sostén que a Policía Local, no cumprimento das súas funcións, ordenou a retirada dos paraugas simplemente porque non se axustan á legalidade no relativo á normativa municipal de terrazas e que permitir esta instalación suporía un agravio comparativo co resto dos hostaleiros que si respectan as ordenanzas. 

Polo momento, a clientela de Paco terá que contentarse cunha terraza aireada, pero dentro da legalidade. 

Noticias web

25/01/2021