CRTVG

Buscar

Un home faleceu esta madrugada presuntamente apuñalado polo seu fillo en Murcia

Publicado o 04/08/2020 15:09

Un home faleceu esta madrugada presuntamente apuñalado polo seu fillo en Murcia. Foi a muller da vítima e nai do suposto asasino a que encontrou o corpo e avisou os servizos de emerxencia.

O fillo da vítima entregouse horas máis tarde no cuartel da Garda Civil de Albacete, onde foi detido. O home tiña 68 anos e era irmán do conselleiro de Saúde da Comunidade de Murcia.

Noticias web

04/08/2020