CRTVG

Buscar

Un home degola a súa irmá en Xaén

Publicado o 25/09/2020 21:22
Un home degola a súa irmá en Xaén

Unha muller de 53 anos morreu hoxe degolada en Mancha Real (Xaén) tras unha discusión co seu irmán, que se entregou á Garda Civil. Os feitos producíronse pouco antes das 17,50 horas, momento no que a Policía Local alertou o 112 de que se estaba producindo unha discusión entre dous irmáns

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil e os servizos sanitarios que só puideron certificar a morte da muller. O irmán, de 52 anos, entregouse á Garda Civil. Fontes do Instituto Armado aseguraron que se abriu unha investigación para aclarar que puido fallar no protocolo de protección da muller, xa que o seu irmán tiña unha orde de afastamento dela.

Noticias web

25/09/2020