CRTVG

Buscar

Atopan muller asasinada na casa en Murcia

Publicado o 24/08/2020 19:15
Atopan muller asasinada na casa en Murcia

En Murcia, un home asasina a irmá na casa e despois deixa o corpo abandonado. Foi outra irmá da vítima a que atopou o cadáver ás dúas e media desta tarde. Ela mesma chamou á policía.

A agredida é unha muller de 48 anos. Os axentes que acudiron ao lugar confirman que a morte foi violenta. O xuíz de garda levantou o corpo ás 4 e dende entón practícanlle a autopsia.

Noticias web

24/08/2020