CRTVG

Buscar

Un grupo de científicos españois piden que se pechen as comunidades con máis casos

Publicado o 23/03/2020 15:03

69 científicos de distintas áreas da saúde pública e da propagación de epidemias redactaron un informe en que piden un endurecemento das medidas. En caso contrario, cren que o sistema sanitario podería colapsar este mesmo mércores. Para evitalo, propoñen establecer dúas áreas. Na zona A atoparíanse as comunidades autónomas onde se rexistran máis casos por habitantes: Madrid, Cataluña, Castela e León, Castela-A Mancha, A Rioxa, País Vasco e Navarra. Piden que se pechen estes territorios e se aplique un confinamento total dos cidadáns, salvo os servizos básicos esenciais, durante dúas ou tres semanas.

No resto das comunidades, entre elas Galicia, o que chaman zona B, podería manterse o confinamento parcial con medidas especiais de vixilancia.

O estudo tamén indica que farán falta uns tres meses para dar por controlada a epidemia: unha primeira fase de tres semanas para confinar a poboación, mesmo illando infectados en hoteis, e outra de dous meses para levar a cabo, de xeito masivo, probas a todas as persoas que presenten síntomas.

Noticias web

23/03/2020