Un gromo nun campamento de verán afecta 13 persoas en Cerdido
Publicado o 12/08/2020 17:29

Na área sanitaria de Ferrol detectouse este mércores un gromo de coronavirus nun campamento de verán de Cerdido que afecta polo de agora a 13 persoas, segundo confirma Sanidade. Estas persoas están a ser controladas en domicilios.
O gromo xa obrigou a suspender o compamento de verán 2020 organizado pola Asociación cultura dos Carrís e a ANPA do colexio dos Carrís. Segundo informa o Sergas, non todos os afectados viven no concello de Cerdido e continúan co rastrexo de contactos.