CRTVG

Buscar

Un gromo na Escola de Música de Antas de Ulla deixa seis positivos

Publicado o 26/10/2020 09:48

O último gromo na provincia de Lugo produciuse no concello de Antas de Ulla, concretamente na Escola de Música municipal. Un dos profesores deu positivo na proba PCR que decidiu realizar logo de notar os síntomas propios da covid-19.

Outras 33 persoas que asistiron á escola o pasado sábado foron sometidas a probas e deron como resultado cinco novos contaxios. A escola é un espazo duns 90 metros cadrados, pero onde non se permite que se formen grupos de máis de 10 persoas. Con todo, a maioría dos afectados atópase en perfecto estado e dende o concello de Antas lanzan unha mensaxe de tranquilidade.

Ademais, deu positivo un traballador dunha residencia de maiores da capital luguesa, se ben o seu posto non é de contacto directo cos anciáns. En toda a provincia foron 64 os novos positivos detectados na xornada de onte.

Noticias web

26/10/2020