CRTVG

Buscar

Un gromo de coronavirus na Terra Chá deixa 16 contaxiados

Publicado o 02/10/2020 21:01

16 contaxios confirmados, 9 deles en Meira. Son as cifras do gromo da Terra Chá que se detectou nas últimas horas.

Os afectados permanecen en confinamento e xa se están a practicar probas PCR a todas as persoas que estiveron en contacto con eles.

As probas tamén se van aplicar nos colexios, na hostalería e no servizo de asistencia no fogar.

No concello non hai constancia de que os contaxios se produciran nunha xuntanza familiar e piden que non cunda o pánico e se sigan a respectar todos os protocolos de seguridade sanitaria.

Dende o Sergas insisten en estremar as precaucións nas xuntanzas familiares. Especialmente na cidade de Lugo onde esta fin de semana dan comezo as festas do San Froilán sendo o luns o día grande por ser festivo local.

Ata o de agora non se produciran contaxios en Meira malia ser un lugar de paso entre Lugo, A Mariña e Asturias.

Noticias web

02/10/2020