CRTVG

Buscar

Un gorila de douscentos quilos feriu gravemente unha coidadora do zoo de Madrid

Publicado o 27/09/2020 21:42

Un gorila de 200 quilos feriu gravemente unha coidadora do zoo de Madrid. A muller foi trasladada ao hospital con traumatismos, fracturas abertas e contusións. O suceso ocorreu sobre as dez e media da mañá. A coidadora accedeu á gaiola onde estaba o gorila, e o animal, que ía tomar nese momento o seu almorzo, abalanzouse sobre ela.

Varios coidadores lograron afastar o primate da vítima con fume de extintores, tranquilizalo cun dardo anestesiante e rescatar a muller, de 46 anos, que foi atendida a continuación por un equipo do Samur.

"Á nosa chegada, a paciente encóntrase cun Glasgow de 13-14, con traumatismo cranioencefálico, traumatismo torácico, con múltiples fracturas de tórax e fracturas abertas de membros superiores. A paciente foi illada vía aérea e trasladada ao hospital estable hemodinamicamente".

A investigación do ocorrido lévaa a Policía Municipal, ao ser un accidente laboral. Desde o zoo din que todo apunta a un fallo humano. Cren que o gorila agrediu a muller porque se sorprendeu ao vela cando ía comer e consideran que a abaneou sen empregar toda a forza da que sería capaz. É un exemplar de 200 quilos que se chama Malabo e que foi criado no zoo madrileño con biberón.