CRTVG

Buscar

Tres feridos ao desencarrilar un tren por un desprendemento en Mañón

Publicado o 19/02/2020 23:17
Tres feridos ao desencarrilar un tren por un desprendemento en Mañón

Contra as 21:30 horas desencarrilou un tren por causa dun desprendemento de terra ocorrido no concello coruñés de Mañón, á altura da piscina municipal do Barqueiro. Como consecuencia do desencarrilamento, quedaron feridos de diversa consideración o maquinista, a interventora e outra persoa. Renfe estableceu un transporte alternativo por estrada para o resto dos afectados. No convoi da liña Ribadeo-Ferrol viaxaban sete pasaxeiros. A liña do Feve Ferrol-Oviedo quedou interrompida. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí