CRTVG

Buscar

Un ferido leve en Mondariz tras caer o coche por un terraplén

Publicado o 20/04/2020 11:05

Un home resultou ferido esta mañá tras un aparatoso accidente de tráfico no concello de Mondariz.

Ocorreu pouco despois das 8 á altura de Vilasobroso. O home perdeu o control do coche por causas que se descoñecen e caeu por un terraplén duns dous metros. Como consecuencia do impacto o vehículo acabou envorcando. Ata o lugar do suceso trasladáronse a Garda Civil, os Bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil e unha ambulancia do 061, que trasladou un dos ocupantes do coche a un centro hospitalario. O seu estado non reviste gravidade.

 

Noticias web

20/04/2020