CRTVG

Buscar

Falece un mozo de 25 anos tras bater o seu coche contra un semáforo en Vigo

Publicado o 07/01/2021 11:59

Un mozo de 25 anos e veciño de Redondela faleceu este xoves nun accidente de tráfico. Ocorreu ás 6:15 na avenida do Aeroporto, á altura do número 594, en Vigo.

Segundo fontes policiais, o condutor saíu da vía e colidiu lateralmente contra un semáforo. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros, a Policía Local e un equipo de asistencia sanitaria. Pese aos esforzos, non se puido facer nada por salvarlle a vida.

O asfalto estaba con placas de xeo e, segundo as primeiras investigacións, o coche esvarou nunha curva e o mozo perdeu o control.