CRTVG

Buscar

A familia de Déborah Fernández denuncia neglixencias na investigación

Publicado o 29/07/2020 15:06

A familia de Déborah Fernández non se rende e pide xustiza. Hoxe, queren detallar as graves irregularidades que ao seu xuízo houbo na investigacion. Contan, ademais, cun experto en mortes violentas e cun novo equipo de avogados.

A familia pide, sobre todo, que un novo equipo policial se faga cargo das investigacións porque consideran que se produciron graves neglixencias na primeira investigación sobre a desaparición e morte violenta de Déborah Fernández. 

A moza viguesa foi vista por ultima vez, segundo a investigación, na curva do matadoiro en Alcabre.

Noticias web

29/07/2020