CRTVG

Buscar

Un experto en enfermidades infecciosas resolve as principais dúbidas sobre o coronavirus

Publicado o 05/03/2020 20:42

José Vicente Fernández Montero, médico especialista en enfermidades infecciosas: "Os datos que recibimos da China son tranquilizadores. Na última semana, o número de casos novos de coronavirus non medrou. É estable".

O 97,5% dos infectados sofre formas leves da doenza

"Como vemos nos datos, o 97,5% dos infectados sofre formas leves da enfermidade e non ten maiores complicacións".

Afecta a un sector da poboación moi concreto

"Afecta, fundamentalmente, a persoas con máis de 60 anos, con doenzas previas, fumadores... Un sector da poboación moi concreto".

Xa hai fármacos que poderían ser eficaces no tratamento

"Xa hai ensaios e estudos con certos fármacos dos cales xa se dispón que poderían ser eficaces fronte ao coronavirus".


José Vicente Fernández Montero, médico especialista en enfermidades infecciosas

 "Tapar a cara ao esbirrar, lavar frecuentemente as mans, evitar un contacto próximo con persoas con patoloxía respiratoria ou síntomas respiratorios agudos".

É posible ver o control da epidemia en próximas datas

"É bastante posible que, con estas medidas, e mais coa eventual aplicación de fármacos, poidamos ver o control da epidemia en próximas datas".

Noticias web

05/03/2020