CRTVG

Buscar

Un estudo di que o coronavirus se propaga máis co frío

Publicado o 15/04/2020 15:46

Cada vez máis indicios apuntan a que o coronavirus ten máis impacto en rexións frías. Así o indican algúns estudos internacionais e tamén os resultados provisionais do que teñen en marcha AEMET e o Instituto Carlos III.

Meteorólogos e epidemiólogos dos dous organismos cruzaron entre o 26 de marzo e o 5 de abril a taxa de contaxios coas temperaturas. O resultado foi que a pandemia tivo máis incidencia na Rioxa e Navarra, onde os termómetros marcaron rexistros máis baixos. Pola contra, as menos afectadas foron as Canarias, Andalucía ou Murcia, onde as temperaturas foron máis altas.

Pero os investigadores reiteran que os resultados non son concluíntes. De feito, Cantabria e Asturias tiveron poucos contaxios a pesar de que houbo bastante frío. Por iso nos próximos días seguirán comparando estes datos, pero introducirán outras variables médicas e novos factores, como a humidade e a contaminación atmosférica, para tentar determinar se tamén inflúen na transmisión do coronavirus.

Noticias web

15/04/2020