CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Un estudo amosa que o 36% dos homes deixa as tarefas do fogar ao vivir en parella

Publicado o 08/03/2018 14:51

Máis datos. Un 36% dos homes que viven en parella abandonan a realización das tarefas do fogar. Así o revela unha enquisa de Sigma Dos realizada con motivo da celebración deste Día Internacional da Muller.

Dispáranse tamén as diferenzas se vivimos sós ou en parella. Neste último caso, as tarefas realizadas polos homes redúcense nun 30%.

A adecuación dos horarios laborais preséntase como un dos grandes problemas na repartición equitativa das tarefas, algo que, aínda que ás veces semelle imposible, se pode conseguir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí