CRTVG

Buscar

Identifican un fármaco capaz de bloquear os efectos do coronavirus

Publicado o 03/04/2020 21:01

En realidade este fármaco xa existía. Chámase APN01 e creouse para a epidemia do SARS de 2003. Agora comprobouse que este medicamento bloquea os mecanismos de entrada do virus da COVID-19 na célula humana. E que é capaz de reducir ata 5.000 veces a cantidade de virus xa presentes nos tecidos.

Núria Montserrat, Instituto de Bioenxeñería de Cataluña: "Os estudos de laboratorio demostraron que este farmaco é capaz de inhibir a entrada e replicación do virus en micro riles que podemos facer en laboratorio mediante bioenxeñería".

Sabemos que o fármaco bloquea a primeira etapa da infección. Agora vaise probar en pacientes nun estado avanzado da enfermidade. O novo medicamento comezará a probarse nas vindeiras semanas con 200 enfermos de Alemaña, Austria e Dinamarca.

Noticias web

03/04/2020