CRTVG

Buscar

Un médico galego na vangarda da investigación contra a COVID-19

Publicado o 15/04/2020 19:21

Máis de 28.000 sanitarios saben que tiveron COVID-19. Pero outros nin se decataron de que pasaran a infección. Un estudo liderado por un epidemiólogo galego do Hospital Clinic de Barcelona quere coñecer a verdadeira prevalencia do coronavirus.

Alberto García-Basteiro, investigador de ISGlobal e médico do Hospital Clinic: "O que queremos saber é canta xente xa estivo infectada, independentemente de que tivera síntomas ou non"

O equipo quere saber como se defende o noso organismo da COVID-19. Para iso, vai medir os niveis de distintos tipos de anticorpos específicos contra o coronavirus.

Alberto García-Basteiro, investigador de ISGlobal e médico do Hospital Clinic: "En realidade sabemos moi pouco da resposta inmunolóxica a este virus. Sabemos que clasicamente hai dous ou tres tipos de anticorpos que nos dan certa información de cando aconteceu a infección, pero o que non sabemos é canto dura esa protección nin canto tempo quedan detectables no sangue"

García Basteiro é de Vilalba pero leva toda a vida traballando para o Clínic en Cataluña. Despois de pasar anos loitando contra a tuberculose en Mozambique, conta a malaria e contra o dengue, el e o seu equipo perfílanse como un dos máis capaces para loitar contra a pandemia do COVID-19.

 

Noticias web

15/04/2020