CRTVG

Buscar

Un empregado do metro de Londres borra unha obra de Banksy

Publicado o 15/07/2020 18:45

Pouco durou o último graffiti de Banksy. Un empregado do metro de Londres borrouno ao confundilo cunha simple pintada no vagón.

O enigmático artista de Bristol gravárase a el mesmo realizando a obra. Fíxose pasar por un empregado da limpeza e pintou varias das súas características ratas, neste caso con máscara, para reivindicar a necesidade de protexerse fronte á Covid-19.

A empresa de transportes de Londres alega que a obra de Banksy rematou borrándose pola sú estrita política antigraffiti. Fixérono sen saber que esta peza de Banksy estaría valorada en varios millóns de euros.

Noticias web

15/07/2020