CRTVG

Buscar

Un dos rocódromos máis grandes de España está en Lugo

Publicado o 19/01/2020 21:43

Sorprende velos tan pequeniños trepando como arañas pola parede. Esta é Ángela, ten oito anos e hai un que practica escalada.

A Ángela vénlle no sangue. Os seus pais son barranquistas e espeleólogos, e dende que abriu o rocódromo veñen cada fin de semana coas súas fillas Sara e ángela practicar escalada.

A escalada adáptase a todos os nivesi e idades. Permite facer deporte en familia.

Agora hai escolas de escalada en case todas as cidades, o que axuda a visibilizar este deporte.
Este rocódromo ten muro de bulder, de dificultade e de velocidade. todos homologados para a copa do mundo.

Xoel, este rapaz de quince anos que escala como Spiderman, e a súa familia veñen dende A Coruña cada domingo para adestrarse en velocidade.

Xoel García, quinto de España en velocidade en escalada en idade escolar. A súa marca está en quince metros en once segundos.

Antes de cada subida, Xoel e a irmá interiorizan os movementos. Saber que se vai facer é básico antes de cada escalada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/01/2020