CRTVG

Buscar

Un dos feridos nas protestas do Prat perde un ollo

Publicado o 15/10/2019 11:47
Un dos feridos nas protestas do Prat perde un ollo

Un home ferido durante as protestas este luns no aeroporto de Barcelona pola sentenza do procés sofre un estalido dun globo ocular e múltiples feridas faciais, das que será operado hoxe no hospital de Bellvitge, de L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona).

Fontes deste centro sanitario indicaron que as lesións deste paciente "son compatibles" co impacto dunha pelota, que non concretan se é de foam, as utilizadas polos Mossos, ou de goma, usadas pola Policía Nacional.

Pola súa banda, os avogados do servizo de asistencia xurídica da entidade pro-dereitos humanos  Iridia informaron hoxe de que polo menos seis dos 131 feridos nas intervencións policiais de onte fórono por impacto de proxectís de precisión de foam ou de pelotas de goma.

Ademais do lesionado no ollo, Iridia contabilizou cinco feridos por disparos de foam, un deles moi preto da zona ocular, que ao parecer é o que se atopa ingresado no centro sanitario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí