CRTVG

Buscar

Un dispositivo aplicado nas picaduras de 'velutina' alivia os síntomas molestos

Publicado o 08/11/2019 14:19

Nun raio de apenas cen metros, este técnico de control de pragas acaba de detectar ata tres niños de velutinas que se dispón a desactivar. Nun traballo como este as picaduras son frecuentes. Para eles está indicado este pequeno dispositivo que alivia os síntomas do ataque.

Manuel Andrade explica que é un pequeno aparato que aplica calor, con temperatura de ata 50 graos centígrados, na zona afectada, o que desnaturaliza o veleno e alivia os síntomas da picadura, como picor ou inchazón.

Este experto insiste en que non se trata dun antídoto; é máis, lembra que calquera persoa que reciba a picadura por primeira vez debe acudir ao médico.

"Está indicado para profesionais como nós ou apicultores, que estamos todos os días entre os niños e sabemos xa que non somos alérxicos".

Lembra tamén que as persoas alérxicas deben levar sempre con elas o tratamento que lles prescribiran. E para minimizar os riscos recomenda que as limpezas de mato se realicen entre decembro e febreiro, que é cando menos probabilidades hai de atopar un niño activo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/11/2019