CRTVG

Buscar

Un deputado arxentino ofrece unha bochornosa imaxe durante unha sesión virtual do Congreso

Publicado o 25/09/2020 08:34

Bochornosa imaxe dun deputado arxentino nun pleno do Congreso. A sesión era virtual. Falaba este home, e mentres a cámara percorre o sinal do resto dos deputados ocorre isto que ven. Juan Emilio Ameri asiste á sesión coa súa moza, que, segundo explicou despois, acababa de operar os peitos. Non se controla, o home, e acaba bicando a muller en directo. O presidente da cámara detivo a sesión parlamentaria e o deputado en cuestión quedou suspendido. 

Noticias web

25/09/2020