CRTVG

Buscar

Un corremento de terras causa nove mortes no Salvador

Publicado o 31/10/2020 02:43
Un corremento de terras causa nove mortes no Salvador

Os equipos de rescate no concello de Nejapa

Polo menos 9 persoas faleceron e outras 35 están desaparecidas por un alude de terra ao norte do país centroamericano. 75 vivendas quedaron soterradas pola lama. Nos labores de rescate de posibles sobreviventes participan uns 300 membros de Protección Civil, Bombeiros e Policía Nacional. As autoridades decretaron alerta vermella na zona. O corremento de terras produciuse tras os intensos ballóns dos últimos días. Varios sectores da sociedade salvadoreña pediron que se aborde con carácter prioritario a vulnerabilidade do país polas chuvias.