CRTVG

Buscar

Un convenio entre a USC e Cultura permitirá continuar cos traballos na cova de Eirós

Publicado o 10/06/2019 16:46

A cova de Eirós, en Triacastela, é un dos xacementos paleolíticos máis importantes de Galicia. Alí refuxiábanse os homes do Neandertal en diferentes épocas da historia, e nela descubríronse caninos de oso, mandíbulas de cervo, restos dun bisonte e ademais de tallas líticas de diferentes materiais.

A Consellería de Cultura e a Universidade de Santiago acaban de firmar esta mañá un convenio de colaboración para continuar coas intervencións arqueolóxicas.

"Estamos traballando co Concello para impulsar un centro de interpretación onde os diferentes achados e as liñas de investigación que vaiamos coñecendo poidan amosarse ao público neste centro", explicou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Noticias web

10/06/2019