CRTVG

Buscar

Un confrade fai unha procesión doméstica con 'clicks'

Publicado o 09/04/2020 20:53

Ramón é un confrade de Pontevedra de quince anos que non quería perder a procesión da confraría do Silencio, á que pertence. Por iso colleu a súa colección de clicks e montou a súa procesión doméstica

"A idea da confraría xurdiu hai uns anos, cando vin unha nontaxe en YouTube e eu tiña unha gran colección de Playmobil e decidín lanzarme a facelo. Cada confraría ten entre 30 e 50 playmóbiles, máis ou menos", conta Ramón Pedras.

Este ano, a procesión de Ramón é a da confraría do Espírito Santo, e conta con trinta integrantes perfectamente vestidos.

"Con papel pinocho, dependendo da confraría que se faga ten a súa cor, envólvense os brazos, as pernas ata facer un hábito máis ou menos, as capas e o capuchón tamén con papel pinocho".

Os aparadores da casa son os lugares escollidos para esta particular procesión.

Noticias web

09/04/2020