CRTVG

Buscar

Un conductor da provincia da Coruña perdeu 28 puntos do carné en só unha semana

Publicado o 28/05/2019 18:27

Un conductor da provincia da Coruña perdeu 28 puntos do carné en só unha semana. Cometeu varias infraccións moi graves en sete días. O home, de 34 anos, foi denunciado por eludir un control de estrada na estrada nacional 634. Despois sometérono ao control de alcolemia e drogas e deu positivo nas dúas. Por riba, esta fin de semana fixéronlle outro control no Rallymix de Touro e volveu dar positivo tanto en alcol como en droga. En sete días acumulou multas por 4.200 euros e perderá 28 puntos no permiso de conducir, o que implica unha retirada do carné durante 6 meses.


 

Noticias web

28/05/2019