CRTVG

Buscar

Un comercio de Taboada vende as 500.000 máscaras que tiña no almacén

Publicado o 05/04/2020 13:18

Un negocio da localidade lucense de Taboada vendeu sobre todo pola internet as 500.000 máscaras de protección das que dispuña. O comercio aberto desde o ano 87 para abastecer de produtos para a gandeiría e o campo aos produtores da zona, ampliou o seu catálogo nos anos da crise. Creou unha infraestrutura en liña que nos últimos tempos reforzou e aproveitou para vender máscaras de protección.

Fíxose cun stock de medio millón de mascaras, que pola internet e por teléfono logrou vender. Agora xa non conta con dispoñibilidade no almacén, e só lle quedan unhas poucas para os propios empregados do comercio.




Noticias web

05/04/2020