CRTVG

Buscar

Un cardiólogo compostelán adapta unha máscara de mergullo como protección sanitaria

Publicado o 31/03/2020 21:44

Unha máscara de mergullo, falta de material, moita urxencia e unha idea. A que nos leva a loitar contra o coronavirus . A idea de Alfredo Redondo, cardiólogo compostelán que desde o Clínico de Valladolid, onde agora traballa, quixo axudar aínda máis.
Grazas aos seus coñecementos de impresión 3D, a través do seu irmán, materializou un proxecto que permite protexer os sanitarios e, o máis importante, conectar filtros de respiradores.

E tanto que achega, así o viron outros facultativos que non dubidaron en seguir os seus pasos e levan días facendo probas. Tamén milleiros de persoas que a través da Rede fixeron viral unha proposta vestida de máis heroicidade, o traxe dos nosos sanitarios. Nestes días non paran de chegar máscaras aos hospitais.

E neste caso, resposta positiva desde o comezo da empresa provedora. Sen Decathlon non se podería materializar o proxecto. Doou todas as súas máscaras. A súa venda está bloqueada en todo o mundo para axudar na crise sanitaria.

Noticias web

31/03/2020

Máis sobre Santiago de Compostela