CRTVG

Buscar

Un can, a mascota máis cobizada de agasallo de Nadal

Publicado o 16/12/2019 20:09

Canceiras e tendas viven estes días moito movemento, e tentan concienciarnos do que supón ter unha mascota. Amais de ser unha responsabilidade, implica uns gastos fixos. Segundo un estudo da Real Sociedade Canina Española, ter un can custa uns 1.250 euros ao ano.

Se facemos contas, regalar un can pode custar dende 0 euros a 750 de media por un cachorro de raza, ou entre 300 ou 400 por adoptalo. Hai que contar con 200 euros ao ano en veterinario, outros 100 extra por infeccións, ou enfermidades, 150 máis para hixiene periódica e cortarlle o pelo, e outros 600 euros en comida. Iso sen contar uns 200 euros máis de gasto en adestramento, residencias ou accesorios.

Segundo ese mesmo estudo, as razas máis cobizadas nestas datas son o pastor alemán, o chihuahua e o bichón maltés, estes últimos máis demandados en cidades en que os pisos e apartamentos son máis reducidos.

Noticias web

16/12/2019