CRTVG

Buscar

Un camioneiro grávase na AP-9 mentres conduce a velocidade excesiva cargado de fuel

Publicado o 04/05/2019 11:00

Estas imaxes gravounas co teléfono móbil un camioneiro que circulaba a unha velocidade excesiva e cargado de mercadorías perigosas. Ocorreu na AP-9, á altura de Culleredo. No vídeo óense os gritos que o chofer lles dá aos demais condutores e vese como circula a máis de 120 quilometros por hora, cando o máximo permitido para el son 80 por hora.

O camioneiro xa foi localizado e sancionado cunha multa de 500 euros e a retirada de seis puntos do carné.

Noticias web

04/05/2019