CRTVG

Buscar

Un camión sae da vía na A-55 en Tui nun aparatoso accidente

Publicado o 03/03/2020 14:16

Aparatoso accidente dun camión esta mañá na autovía A-55, á altura do concello de Tui. Ocorreu pouco despois das 11 da mañá, no quilómetro 30. O camioneiro circulaba en dirección a Portugal, cando por causas que se descoñecen saíu da vía e foi bater contra a barreira de protección.

Como consecuencia do impacto a parte dianteira do vehículo separouse do resto e acabou nun terreo lindeiro. A pesar da aparatosidade do accidente, o camioneiro non está grave. Ao lugar do suceso acudiron a Garda Civil, a Policía Local, Protección Civil e tamén unha ambulancia do 061, que trasladou o condutor ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Noticias web

03/03/2020